Un percorrido pola vida e a obra do pintor español e unha sinceira homenaxe á obra maestra que mellor reflectiu a traxedia da Guerra Civil Española.
Pablo Ruiz Picasso viaxa a Florencia desde París, a súa cidade de residencia. Nesta cidade verá por primeira vez un cadro de Rubens, Os desastres da guerra, que lle causará unha impresión duradeira e que será o xermen da súa obra máis recoñecida: o Guernica.
Xa de volta e París, a Guerra Civil comeza e, o 27 de abril de 1937, Jaime Sabartés, o fiel secretario de Picasso, móstralle a este a cobertura nos periódicos do bombardeo de Guernica. Esta noticia impactante e sobrecolledora, o horror pola masacre xeneral tan ben planeada, trastorna profundamente a Pablo e aos seus amigos. O embaixador de España aproveita a futura inauguración da Exposición Internacional para pedirlle a Pablo un mural e, aínda que o plazo é bastante curto, o pintor acepta o compromiso.
En La luz del Guernica, Baltasar Magro conseguiu recrear con luxo de detalles e profunda admiración unha das obras artísticas máis importantes de todos os tempos e, desde logo, a mellor expresión pictórica dunha tremenda masacre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario